informacion del excursion ribeira sacra idioma español
 



AS VISITAS:
Visitaremos o miradoiro do Duque onde contemplaremos a maxestosidade da natureza esculpida pola man do home desde fai dous mil anos.
Observaremos os famosos muros ou bancales que fan do cultivo da vid, a chamada viticultura heroica

Chegaremos a unha das grandes adegas da Ribeira Sacra “Regina Viarum”, onde unha guía explícanos con todo luxo de detalles todo o proceso para chegar a conseguir un dos mellores viños de Galicia. Degustación Gratuíta.

Alternativamente, podemos elixir unha visita ao Convento das Bernardas en Ferreira de Pantón, Convento de San Esteban e San Pedro de Rocas ou a zona monumental de Monforte de Lemos.


VIAXE EN BARCO:
As augas do Sil foron surcadas desde a época romana, xa que (debido a súa accidentada xeografía) era o único medio de comunicación entre as marxes do monumental Canón do Sil.

A paisaxe é sorprendente e único en Galicia, cun forte desnivel, e as súas características naturais engádese o cultivo da vid en socalcos ou muros, dando como resultado un mosaico natural inigualable.
O itinerario, que parte do embarcadoiro de Daode, a 17 km de Monforte de Lemos e 10 km de Castro Caldelas, discorre polos canóns do Sil, atravesando profundas gargantas de até 500 metros de altura.
Sobre o impresionante Sil aparecen as ladeiras en muros traballados a man desde o século I que, dadas as especiais condicións climáticas para o cultivo de vida, producen un viño de excepcional calidade: Ribeira Sacra.

Nota
: Este ano como consecuencia do baleirado do cañon do Sil por Iberdrola, só podemos viaxar até o mes de Abril polos canóns de Sil .

Opción A
viaxe en barco, visitas e menú 1
22 € / persoa
Opción B
viaxe en barco, visitas e menú 2
24 € / persoa
Opción C
viaxe en barco, visitas e menú 3
25,5 € / persoa





Doade, 79 | 27424 Sober ( Lugo) | Telf.: 982 198 717 | Móvil: 650 770 179 | email: info@acantina.es